Archive for septiembre, 2008

A oitava Festa

Acabo de chegar á casa da Festa d@s Socialistas que celebramos, novamente, en Vilagarcía. Este acto pon o final a dous meses de traballo, pero especialmente a un importante esforzo durante as últimas semanas para preparar que todo saíra ben. E teño que dicirvos que foi un éxito, foi o ano que máis compañeiros e compañeiras acudiron a esta “Festa” que celebra xa a súa oitava edición. Dicíao o propio Secretario Xeral durante a súa intervención, que “foi alá polo 2001 cando lle dicía a Antón Louro que tiñan que organizar unha festa socialista”, e da semente posta en Culleredo en xuño do 2001 chegamos a este ano, onde unhas sete mil persoas acudiron a Fexdega a celebrar este evento que sirve para que nos vexamos e xuntemos xente de Malpica ou de Vilardevós, de O Barco ou de Foz, de Boiro ou de Mos, … E compartamos unha xornada festiva.

Esta Festa -a deste ano- lonxe da polémica xurdida nalgún medio de comunicación, sobre a razón pola que non asistiu Zapatero, foi algo máis que todo iso; foi a culminación a un traballo realizado, a unha xestión ben feita –con erros, seguramente-, pero a unha xestión que fixo cambiar Galicia, e que sobre todo fixo que os galegos e as galegas puidesen comprobar que hai outra forma de facer política e de gobernar.

Respecto á organización da Festa direivos que o éxito débese especialmente aos millerios de compañeiros e compañeiras que acuden a ela, pero tamén ao traballo dos Secretarios Provinciais –Modesto, Lucho, Pachi e Moisés– e dos seus equipos de traballo. Pero, direivos unha cousa, sen a xente da Rúa do Pino, sen os da “O” non sería posible, por iso cando hoxe o Secretario Xeral me deu as grazas a min durante a súa intervención, tamén llas estaba dando a Eviña, a Víctor, a Castiñeiras, a Ánxela, a Cruz, a Chus, a Paula, a Patricia, a Marquiños, …, a todos e todas, que en maior ou en menor medida, participaron na organización da Festa.

Grazas a todos e a todas. E vémonos na próxima festa.

septiembre 20, 2008 at 8:35 pm 11 comentarios

Casa de tolos

Cholito, un dos moitos compoñentes do xa famoso grupo Os Albertos de Fene (eses impresentables que se encargan de montarnos os actos do Partido) acaba de mercar un cámara nova e está aprendendo a usala. O artiluxio é unha Canon EOS 450D, co cal xa podedes comprobar que mal pagados non están, porque non é das baratas.

A cuestión é que Cholo, un as do son, -da fotografía xa non tanto- fixo unha aposta con Roberto, outro membro do clan de Fene e que posa na citada foto tan guapo, a que eu non era capaz de colgar esta foto no meu blog. Quen credes que gañou a aposta??.

A foto, calidade non ten moita; pero gracia si; e a verdade é que vos confesarei que o texto da camiseta identifícase bastante –non sempre- con nós.

Cholo, xa verás cando che vexa!!!. Roberto, imos a medias na aposta.

septiembre 19, 2008 at 9:07 pm Deja un comentario

1502,63 euros

1502,63 euros!!. Esa é a sanción que lle vai a impoñer ao Xuíz Tirado o Consello Xeral do Poder Xudicial, por non executar a sentencia existente contra o asasino de Mari Luz. Que podemos pensar agora os cidadáns da xustiza?. Podemos crer que é imparcial, efectiva, seria, rigurosa; e que se aplica de igual xeito para todos?. Quizais a Xustiza non teña nada que ver neste vergonzoso caso, senón que os culpables son os individuos que a aplican, individuos con tan pouca responsabilidade coma o Xuíz Tirado, ou os tres membros do Poder Xudicial que botaron a favor de impoñerlle este “castigo”.

Non cabe dúbida de que o corporativismo tamén se da no mundo da xudicatura, e non se xulga do mesmo xeito a un todopoderoso Xuíz como se xulgaría a un pobre drogadicto, ou a calquera outra persoa que cometese un delito ou unha falta coma o que cometeu este “honorable” home. En definitiva, ao final non todos somos iguais, senón que case sempre son máis iguais os que máis poder teñen.

septiembre 14, 2008 at 8:53 pm 3 comentarios

Jueves


Fai tempo que non vos fago unha recomendación, pero desde que escoitei esta fermosa é triste canción de La Oreja de Van Gogh non deixa de soarme na cabeza.

Se tendes un oco recoméndovos que a escoitedes, e ademais de disfrutar da fantástica voz de Leire, a nova cantante de LODV, prestade atención á letra da canción. Fantástica!!!. Titúlase Jueves e é a terceira canción do seu novo CD, “A las 5 en el Astoria”.

septiembre 9, 2008 at 12:09 am 4 comentarios

Carpe diem

Levo un mes de vacacións na blogosfera. Un mes!!. A verdade é que desde que colguei o meu blog na rede nunca estivera tanto tempo sen escribir. É certo!!, estoume volvendo un cibervago; e iso que houbo cousas sobre as que escribir: as olimpiadas, o frustrado adianto electoral, as declaracións de Quintana e Núñez Feijoo –xa parecen os Tonechos cos seus scketchs-, a entrevista a Aznar en El Mundo, o desgraciado accidente do Spanair JK5022, a operación de nariz da princesa Letizia, a visita a Galicia de Zapatero, …. Pero, eu preferín facer folga de dedos caídos e non teclear nada de nada no ordenador.

Pero, que non teclease nin unha soa vocal no ordenador non quere dicir que estivese de vacacións todo o mes, máis ben todo o contrario. As vacacións remataron antes do previsto e a volta á Rúa do Pino adiantouse, por iso me pregunto durante estes días que é iso do síndrome postvacacional. Pero, teño que confesarvos que para min traballar é case unha droga, co cal tampouco é que me queixe, e moito menos este ano, xa que foi unha volta distinta e con moita actividade. Ademais, de iniciar unha nova etapa laboral grazas ás modificacións xurdidas tras o 11º Congreso do PSdeG, no que Mar Barcón pasou a pilotar a intendencia na nave socialista, e iso sempre é un incentivo.

Quero rematar cunha frase, que seguramente coñeceredes, e que a min durante estes últimos días acompañoume a diario: Carpe Diem. Aínda que esto último, non ten demasiada relación co post en xeral, teño a necesidade de compartila. Misi, carpe diem.

septiembre 3, 2008 at 12:54 am 5 comentarios


Calendario

septiembre 2008
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.