Posts tagged ‘11 Congreso’

Loli Rodríguez, intervención no 11º Congreso

Podería falar de Loli Rodríguez Amoroso, a Secretaria Xeral das XSG; podería falar tamen de Loli, a amiga, de Cari. Pero non me chegaría este blog para poñer todo o que penso dela.

Po iso, para que vos a coñezades, par que sepades que é Loli a de Xuventudes, para que a coñezades como política e como socialista recoméndovos que escoitedes e vexades a súa intervención na apertura do 11º Congreso do PSdeG.

Loli, es única, es xenial. E que aprendan eses que din se atreven a xulgar e a criticar á mocidade, eses que o saben todo,…, pero que non entenden nada. Eses profesionais da crítica, que nunca son capaces de lanzar unha proposta positiva.

agosto 1, 2008 at 1:45 pm 2 comentarios

Grazas a todos!!

Os da "O"

Xa rematou o Congreso, despois de meses de duro traballo o día 27 veuse cumprido un novo reto. Tivemos fallos, pero iso é normal, é como lle dixen a Eva, os fallos son de dous tipos: os que só vemos os que organizamos os actos e os que aprecia todo o mundo. Nós afortunadamente tivemos do primeiro tipo.

A verdade é que o fin de semana foi duro e moi…moi axetreado, pero mereceu a pena os nervios, o “stres”, o cansancio, os quilómetros percorridos polo Pazo de Congresos, as horas roubadas ao sono, as discusións. Todo pagou a pena. Aínda que o peor deste Congreso foron as decepcións que me ocasionaron algunhas persoas pola súa falla de respecto e polo nulo tacto nas relacións humanas, xa que os que non valoran o traballo moito menos son capaces de valorar ás persoas.

Para min o traballo en equipo é fundamental para que as cousas saian ben, porque non existen os superheroes, por iso non me cansarei de agradecer o traballo dos meus compañeiros e compañeiros de RÚA DO PINO -así, en maiúsculas- cada un na súa faceta: Chus, ao teu ritmo, pero cumprindo; Cruz, vales máis do que cres; Casti, que grande es; Diego, sempre preocupado e tan responsable; Víctor, o home tranquilo; Fernando, unha gran persoa e un excelente profesional; Eva, que podo dicir que non che dixera; non quero esquecerme de Xusto, Pauliña e Patricia, nin de Ánxela, que aínda que non estivera –polo seu matrimonio- e parte da equipa (como di Casti). Pero ademais dos da “O” tamén están os que nos botaron unha man durante a fin de semana: Palomi, Mila, Conchi, Bea, Fontenlos, Javi García, Marisa e o marido, Eva, Loli, Ana, Oli, Natalia e a xente de Santiago, os de Vigo, os de Lugo –non poño os seus nomes porque non me lembro-; seguro que me esquezo de alguén, e se é así perdoade. Grazas tamén aos Albertos, sempre está todo OK; á xente de Konkret; á rapaza das fotocopiadoras; e, como non a Manuela e ao persoal do Pazo de Congresos. Moitas grazas a todos e a todas.

Pero ademais das satisfacción polo traballo ben feito, o fin de semana deparoume varias alegrías, as máis importante foron poder ver a tres amigos na nova executiva, tres amigos que son a nova xeración do PSdeG, que son o presente dun Partido polo que merece a pena seguir loitando e traballando. Noraboa Lage, Loli e Iván, merecedes estar onde estades, e máis arriba, pero todo chegará, non me cabe dúbida.

O 11º Congreso rematou, e ábrese unha nova etapa no PSdeG, a cal, espero vivir con intensidade e con ilusión, entregado á causa, loitando polo socialismo e por unhas siglas nas que creo por enriba de todo.

julio 29, 2008 at 1:38 am 7 comentarios

Un Congreso distinto

Blog do 11º Congreso

Blog do 11º Congreso

O 11 Congreso está a punto de empezar falta pouco máis dunha semana, e na Secretaría de Organización seguimos a traballar –como non podía ser doutro xeito- para preparar esta cita tan importante para os socialistas en particular, e para os galegos e galegas en xeral; xa que desta cita van a saír resolucións e conclusións importantes que influirán de maneira positiva- con seguridade- para todo o País.

Ademais dos temas de intendencia do propio Congreso, desde a organización socialista queremos que este evento teña unha presenza importante na rede, ese instrumento tan importante e necesario nos tempos no que vivimos, por esa razón estamos creando e poñendo en funcionamento as ferramentas necesarias para que todo o mundo que o desexe e que traballa coa rede de xeito habitual ou é usuario temporal poida coñecer o que acontece no Pazo de Congresos de Santiago o fin de semana do Apostol.

Nesta edición os bloggers van a ter unha presencia importante e fundamental, xa que van a ser os encargados de trasladar o desenvolvemento e as súas opinións sobre o que acontece en cada momento no Congreso. Máis de medio cento de persoas, entre Delegados e Delegadas, Observadores e Observadoras, Invitados ou membros da propia organización nos dedicaremos a postear a través das nosas bitácoras as sensacións e o traballo dos e das socialistas. Ademais traballaremos coas redes sociais Facebook e Twitter, teremos un espazo no Flickr, e desde fai uns días abrimos unha web específica do 11º Congreso con información diversa e de interese, especialmente para os participantes no mesmo, e contamos cun blog, no que pretendemos dar unha visión distinta desta xuntanza; ademais de restransmitir en directo por internet –pola PSdeGTV– as ceremonias de apertura e a clausura. En definitiva, facer un acto aberto e público, unha festa para os e as socialistas nos que todo o mundo poida participar.

Como vedes, desde esta casa ademais de predicar sobre as novas tecnoloxías tamén queremos que sexa unha realidade que todo o mundo poda palpar e comprobar.

julio 17, 2008 at 5:27 pm 4 comentarios


Calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.