Archive for noviembre 5, 2009

Un pouco de historia

Foi polo ano 2000, nos mes de xullo, cando se celebrou o 35 Congreso Federal do PSOE no que os delegados e delegadas tiñas a difícil tarefa de elixir á persoa que ía a sentarse ao frente do Partido nos próximos anos.

Catro foron ás candidaturas presentadas: Rosa Díez, Matilde Fernández, José Bono e José Luis Rodríguez Zapatero. Pero dúas eran as que sonaban con máis forza, as que tiñan máis posibilidades; a do todopoderoso barón socialista, e Presidente de Castilla La Mancha, Pepe Bono; e, a dun xoven diputado leonés, Zapatero.

Todo indicaba que o presidente Bono ía a ser o novo Secretario Xeral do PSOE, sobretodo ao inicio da carreira precongresual. Bono era o gran favorito, e simbolizaba o poder, daquelas en decadencia no PSOE despois do varapau electoral, pero tamén simbolizaba a tranquilade e a moderación, a veteranía e a experiencia.

Pero despacio, e sin facer moito ruído xurdía a figura do xoven Deputado leonés, ao que moitos nin coñecían. Ese xoven, José Luis Rodríguez Zapatero, que se rodeou dun grupo de compañeiros e compañeiras que simbolizaban unha nova xeración de persoas con ganas de cambiar o Partido e as súas estruturas. Algúns vianos como un grupo de persoas irreverentes, con ambición política, e non os consideraban como un relevo axeitado, porque o que necesitaba o Partido nese momento era tranquilidade e estabilidade.

A prepotencia do candidato Bono, que ao xa creerse gañador, levouno nalgunha ocasión a cometer erros como a de presionar ou amenazar a Delegados e Delegadas, ou a representantes de Federacións; e chegou a vivirse un certo medo a posicionarse a favor doutro candidato que non fose el.

Os candidatos e candidatas visitaron as Federacións e Agrupacións presentando e explicando os seus proxectos para o Partido. Foi nesas visitas e nesas charlas cando o candidato Zapatero empezou realmente a chegar e a convencer aos compañeiros e compañeiras, principalmente porque despertaba e xeraba ilusión, e porque creía no que decía; e porque no fondo, a inmensa maioría do PSOE estaba convencida de que era necesario un cambio e quería ese cambio para poder volver a colocarse na liña de saída electoral con garantías de obter algo positivo.

Ao final, celebrouse o Congreso, e pasou algo inesperado, aínda que non sorpresivo, e o candidato Zapatero, o xoven irreverente leonés que tiña a desvergonza de enfrentarse ao aparato socialista que representaba o todopoderoso Bono, consigueu saír elixido Secretario Xeral por unha escasa diferencia de nove votos. E o tempo veu a demostrar que ás veces as apostas arriscadas, e os cambios son necesario e útiles. O candidato Zapatero convertiuse aos poucos anos no Presidente Zapatero, e o PSOE na primeira forza en España. E o resto da historia coñécemola todos e todas.

A que vén escribir hoxe sobre este anaco de historia do PSOE?. Pois a nada concreto, a que me apetece lembrar o que pasou fai algo máis de nove anos, a que un nunca pode estar convencido da victoria e actuar con prepotencia, a que ás veces –poucas- David gáñalle a Goliath, e que é bo reflexionar e saber o que queremos, e a onde queremos chegar e con quen.

AM

noviembre 5, 2009 at 1:55 pm 13 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.