Archive for noviembre 20, 2009

Igualdade real

Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.

Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.

Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.

Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.

Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.

A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.

AM

noviembre 20, 2009 at 6:43 pm 5 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.