Fumar ou non fumar? Mellor non facelo!!

enero 7, 2010 at 1:27 pm 3 comentarios

Eu son exfumador. Desde fai quince meses deixei de queimar Ducados; sobre dous paquetes consumía diariamente, en función dos nervios e do nivel de “stress”. E teño que confesarvos que é algo do que máis satisfeito me sinto, de ter a forza de vontade suficiente para poder aguantar todo este tempo sin levarme un pitillo á boca e, sobre todo, de non botar nada de menos ese horrible vicio.

Que gañei con deixar de fumar?. Pois máis saúde, un aforro económico importante (máis de 1500 euros ao ano), recuperei sentidos que antes tiña atrofiados: o gusto e o olfato, …, en definitiva, que deixar de fumar son todo vantaxes.

Teño que decir tamén, que eu non son agora un deses exfumadores talibáns, que non poden ver o tabaco e que non insultan e persiguen aos fumadores; non, para nada!! Pero, si teño que decir que apoio e respecto a prohibición total de fumar en lugares públicos, pero por unha sinxela razón: os fumadores son unha tremenda minoría (o 30% da poboación). E polo tanto, non é lóxico que os fumadores poidan campar ás súas anchas e reivindicar o seu dereito a fumar con total liberdade e impunidade.

Creo tamén, que a escusa dos representantes da hostelería non ten base, e carece de toda lóxica e razón. Resulta que estes poñen como escusa que con esta nova lei van a perder a súa clientela e moitos locais de hostelería terán que pechar, co cal se incrementará enormemente o paro; o mesmo que dicían fai catro anos, e por certo, por onde eu vivo non pechou ningún local hosteleiro por mor da prohibición de fumar. Ademais, todos e todas sabemos como aplicaron a legislación antitabaco a maioría dos locais hosteleiros: cunha permisividade total cara os fumadores. En cantos sitios que había o cartel de sitio sen tabaco deixaban fumar? En demasiados.

Lembro un día que fun a cear a Vigo coas miñas fillas (5 e 10 anos daquela) e nos sentaron nunha mesa ao carón dunha columna da que colgaba un deses carteis que poñían que non se podía fumar, e se había menores de 16 moito menos. Pois a realidade é que na mesa había cinceiros, e que podíase fumar con total liberdade, …, ata o camareiro che daba lume.

Remato, e digo que o que queira fumar que fume, pero que respecte aos que non queren respirar o seu fume. A liberdade dun remata onde empeza a dos demais. E quero darvos un consello aos fumadores: intentade deixar de fumar, custa traballo, moito, …, sobretodo os primeiros quince días. Pero vale a pena. E se necesitades axuda, aquí estou!

AM

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Goberno, Persoal. Tags: , , .

As subastas do PP In the ghetto … houlléaaaa!!

3 comentarios Add your own

  • 1. Freiman  |  enero 7, 2010 en 4:48 pm

    * Me pai non foi que de deixar de fumar e iso levoúno á… Non teño problemas ca xente que fumo, pero que nos molesten. O que me pon malo é que se poida fumar en Restaurantes ou lugares onde se xanté. Ou existe separación de espazos ou debería prohibirse ó fume neses lugares. Xa ai bastante contaminación pra ter máis.
    Celebro que tiveses forza de vontade pra deixar ó Ducados.

  • 2. Un fumador anónimo  |  enero 11, 2010 en 1:51 am

    É unha falacia lóxica dicir que en ningún bar se debe deixar fumar pq os fumadores somos minoría no conxunto da poboación.
    A cousa está moito máis igualada se falamos de porcentaxe de usuarios de bares que fuman (pois a experiencia de drogarse con alcol e facelo tamén con tabaco vai intimamente unida e forma parte do noso xeito de ver ¡España!).
    Non digo eu que nas cafeterías e nos salóns de te non se prohiba, pero, coño, un vermú sin o seu cigarito non é o mesmo.

    E xa non digo se nos quitan de fumar nos puticlubs.
    La que está liando Zapatero.

  • 3. Nene  |  enero 14, 2010 en 10:05 pm

    .. Pareceme perfecto que se prohíba fumar en todo-los espacios públicos, no solo nos hijo bares.Eu fumador pero que hay Reconocer que o cheiror do tabaco en espacios cerrados é un pouco leprósico.No resto de Europa, ou polo menos en paises Más avanzados co noso xa fai tempo que se leva a cabo esta práctica con resultadosmais que positivos para o sector hosteleiro.acostumbrarse a salir a fumar fora no costa un carallo e o demais son excusas de pobre.E polo menos sabes que non vas a volver cheirando a fumo.Aunque a algún a falta de aromas femeninos os que agarrarse prefieran o delicado e suave aroma do tabaco na roupa.En fin un atraso de país e o que temos….

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

enero 2010
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: