¿Por quen vela Velo?
diciembre 11, 2006 at 6:34 pm 4 comentarios
Aos que non coñezades a Manuel Velo explicareivos que é un dos personaxes máis polémicos e controvertidos de Boiro. Militou no PSOE desde o ano 1977 ata que foi expulsado (por presentarse por un partido independente) no ano 2003, e foi alcalde durante nove anos aproximadamente (1983 ao 1988, e 1991 ao 1995).
Velo é unha desas persoas que é incapaz de pasar desapercibida alí onde estea, xerando os odios máis radicais ou as paixóns máis incribles. En definitiva, un individuo peculiar que forma parte da historia de Boiro.
Nesta última lexislatura formou parte do goberno denominado como “tripartito” –BNG, PSOE e el mesmo- e durante a primeira parte desta lexislatura pasou totalmente desapercibido, coa excepción dun par de anuncios estrela que tanto lle gustan a el (un campo de golf e un hotel de talasoterapia). Pero foi cara o final de lexislatura cando rexurdiu e apareceu o Velo que todos coñecemos: o inconformista, o protagonista, o quixotesco, o Velo esperpéntico que se anota a todas as liortas e se erixe en defensor de todos os bandos.
Pero, ¿cal é a razón de que Velo rexurda ao remate da lexislatura?. ¿Por defender os intereses dos boirenses?. Non, por defender os seus intereses políticos e co único obxectivo de non ser devorado polo BNG e o PSOE. El é consciente de que os froitos positivos da xestión do actual goberno os ían a capitalizar os dous partidos maioritarios, e os descontentos da coalición os ía a capitalizar o Partido Popular. Entón el trazou a súa propia estratexia de oposición desde dentro ao propio goberno criticando publicamente xestións e acordos coma o de Eroski, LyC, plan parcial de Cabo de Cruz ou Barraña, para forzar a súa expulsión do tripartito e así quedar coma unha vítima, un mártir da causa; e iso sempre crea un sentimento de lástima na xente.
Velo é un home listo, con moita experiencia na vida política e pública que sempre pecou dun exceso de egocentrismo, e que cometeu, baixo o meu punto de vista un par de erros: por un lado non saber retirarse a tempo e por outro facer da política a súa única profesión. Dentro duns meses saberemos se a estratexia de Velo deu resultado.
Entry filed under: Barbanza, BNG, Boiro, Galicia, Política, PSdeG-PSOE.
Un asasino menos O plaxio de Carlos Luis
4 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
Anónimo | marzo 31, 2007 a las 4:30 pm
el señor velo velo es un señor que siempre a cumplido con boiro y seguira cumpliendo
2.
eduardo velo | octubre 26, 2007 a las 10:54 am
mecago en tu madre fala mal de tua nai se queres pero a meu tio ni no nombras ojo
3.
VELO | mayo 2, 2009 a las 1:06 pm
Blas: Pero home, ti non ves que a politica para min e unha obligación de todo cidadán que teña sinsibilidade social destruida po la bosa incapacidade e ambicións inoperantes?.
Sempre vivin fundamental do meu traballo e exporadicamente dos ingresos de política.Sigo na política, porqué megusta e non cobro nada, porqué megusta, non coma tí que e o teu ligitimo gana pan que tuveches. Mira o que se fixo en Boiro mentras fun Alcalde, mira o que fixeches mais que ser marionetas dos caciques de sempre , os que non criticas nunca .» De bergoña» e non mintas, que nunca fun expulsado do mutado PSOE, si non suspendido de militancia por 2 anos, gracias a falsificación de tí e otros 4 discipulos meus.
» Sois socialistas no para amar en silencio buestras ideas ni para recrearse en su grandeza y con esperitu de justicia que las anima sino para difundirlas, para llevarlas a todas partes. PABLO IGLESIAS. Suludos e non seas acomodaticio mentras
axa inxusticias e problemas habrá conflictos nos que eu sempre estou, poqué cumplo co qué digo, non digo o que non fago
4.
FERNANDO VIDAL CARBAJAL | enero 9, 2013 a las 12:49 pm
desde albixoi no concello de mesia levaba tempo sin saber nada do home que llego a ponte veluso e de ali a boiro pra facer a cimentacion do orde ou o desorde segun quen que hoxe tendes por alo mais non pode haber creacion sin intrlocucion ninboa portida de xedrez si so xoga un e o outro ou outros agardan a ver que fai e que sal de iso deste xeito tolos esforzos por nobles e intensos que sexan trocanse inutiles velo e boiro,pero temen nos como galegos mereciamos mas .cousa que teriamos si a velo se le respondiese con rezons ou razoando sobor as que el tiña e non aislanole coa vasna espranza que nos esqueceramos del,de nos mesmos.entre os logros desta politica criminal estan.,Pastor Alonso ,Domingo Garcia Sabel,Jose Bravo Frieiro.David Balza.MANUEL ESPIÑA GAMALLO.Ma Victoria Fernandez España ,entre outros moitos de todolos partidos que UN DIA MIRARON A SEUS VECINOS A CARA E DEIXARON A UN LADO A OBEDIENCIA A UN PARTIDO POR EL DEBER CON SU PUEBLO,entre estes condenados al olvido y a ser victimas del chascarrrillo facil estaba un home non de partido e si do pobo.de todos.un tal MANUEL BEIRAS TORRADO creo que moitos vellos emocionaronse al ter outra vez a oportunidade historica de votar por alguen en quen creian. EL SEÑOR DON MANUEL VELO VELO al resistir y reinvidicar o dereito a pensar lo que siente,decir lo que piensa y loitar por ello esta sin saberlo o con plena conciencia de ello matendo as constantes vitales desta terra..sin moito mas agardo leades lo que digo sin pararos nos erros ortograficos pero estoy ferto de leer cousas denesnables maravillosamente bien escritas.desde o lugar da LATA,parroquia de ALBIXOI concello de MESIA propvincia CORUÑA .esta es la opinion de FERNANDO VIDAL CARBAJAL .