Blanco Vila o xormalista

febrero 13, 2007 at 12:16 am 22 comentarios

Cartel de Blanco Vila

Quero aclararvos que cando vexades o título deste post, non é que me equivocara, é que estou transcribindo o que aparece nuns panfletos, carteis e vallas que hai por todo Boiro.

Non fai moitos días que vos falaba da boa pluma –literaria- de Luis Blanco Vila, candidato do PP á alcaldía de Boiro. Boa pluma que queda de manifesto na redacción da publicidade de precampaña. A simple vista eu puiden detectar só oito fallos de ortografía, aínda que é posible que haxa máis (invítovos a buscalos); sen contar a redacción dalgunhas frases de sintaxe complicada.

Ten difícil explicación que un home da brillante traxectoria do profesor Blanco Vila -Doutor en Letras e en Ciencias da Información e gañador de varios premios literarios- poida definirse coma xormalista ou pretender que Boiro sexa un logar tranquilo, e ademais atreverse a difundir por todo o municipio a súa grave equivocación. Aínda que podía ser peor, e escribir Boiro con “V”.

Eu non acabo de entender como isto lle puido suceder a un home tan ilustrado coma el, que escribe semanalmente cartas de opinión nos xornais; aínda que, as únicas explicacións que lle atopo son que ao estar tanto tempo fora de Galicia descoñece o vocabulario e a lingua galega, ou que o que lle está a deseñar a campaña é un inimigo a soldo de Velo ou de Deira.

Pero tal e como remata o xormalista Blanco Vila no seu panfleto: Iso é o que hai. Do deseño e da foto podemos falar outro día.

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Política, PP.

CQC no Parlamento de Galicia Un novo xornalismo

22 comentarios Add your own

  • 1. fer  |  febrero 13, 2007 a las 1:05 am

    Os meus olhoooos»

  • 2. meneame.net  |  febrero 13, 2007 a las 1:14 am

    Un cartel electoral del PP con varias faltas de ortografía

    El cartel electoral del candidato del PP a la alcaldía de Boiro tiene varias faltas de ortografía. Cuentan en el blog que el candidato (un tal Luis Blanco Vila) es catedrático en Ciencias de la Comunicación. El cartel y el blog está en gallego, pe…

  • 3. Hignacio  |  febrero 13, 2007 a las 9:28 am

    Heu tamén son catedrático de comunicazión e de moitas otras cousas asi q non sei a que ben tanto revumvio por o cartel de este colega meu, bamos haber.

  • 4. lagaitaenlacabeza  |  febrero 13, 2007 a las 11:11 am

    estará maldecido, pero desde luego, suena más mejor asín. Lástima que no diera clase, porque como candidato es de lo más friki que ví en mi vida. Me recuerda a aquel fulano de «Ay La Sole, endevé como me has puesto»

  • 5. Montresors  |  febrero 13, 2007 a las 3:06 pm

    Xa di o refrán «Deus me libre dos amigos que dos enimigos xa me ocupo eu». Este e un caso de triple burricie, o que deseñou o cartel, o que lle dou a aprobación e o que o imprimeu. Normalmente se o primeiro non revisa o resultado final, o segundo e o terceiro deberían facelo. Curioso tamén o detalle dos paxarracos na lista de características do individuo, para recalcar que e un candidato independente non aparece o logo do PP por ningún lado, pero por outra banda poñen un sucedaneo de logo, unha maneira moi «sutil» de facer as cousas. Visto dende fora de Boiro da a impresión que aos militantes do PP de toda a vida este candidato non lles fai moita gracia.

  • 6. Montresors  |  febrero 13, 2007 a las 3:11 pm

    Por certo, para este home o ser xubilado e unha cualidade para ser alcalde tan importante coma ser honrado ou catedrático. Ahí si que lles saca unha boa ventaxa os outros candidatos.

  • […] Informannos dos erros do cartel electoral do candidato do PP de Boiro, Luis Blanco Vila, “que presume ser catedrático e xornalista e comete varios erros ortográficos na redacción“.  Definese coma “xormalista” e pretende que Boiro sexa un “logar” tranquilo. Máis información aquí. […]

  • 8. José Manuel Lage  |  febrero 13, 2007 a las 7:05 pm

    Blas, a verdade é que non se entende que un catedrático de tan longa traxectoria avale un cartel pre-electoral coma o que se pode ver na publicidade que hai no Concello de Boiro.

    É de traca

  • 9. un compañeiro de churrascos  |  febrero 13, 2007 a las 7:16 pm

    moi ben, blas, moi ben

  • 10. Ricardo T.  |  febrero 13, 2007 a las 8:03 pm

    Logar de Breogám…

  • 11. Estevo das Estrivadas  |  febrero 13, 2007 a las 9:38 pm

    A min chámame a atención que este señor se apresenta por un partido e as súas siglas non aparecen….terá vergoña, seica?

  • 12. lagaitaenlacabeza  |  febrero 14, 2007 a las 8:29 am

    jajajaja, es verdad, las siglas no aparecen, pero sí las gaviotas, a lo mejor es de este partido peruano

  • 13. Ramón Suardíaz  |  febrero 14, 2007 a las 11:21 am

    Mira que o candidato é besta en materia lingúística, pero o do blog que fai o comentario, pior aí anda. Que non se di en galego «non fai moitos días que vos falaba…», que se di «non hai moitos días que vos falaba…».
    Podían xuntarse. Entre os dous (o catedrático e o tal Blas) se cadra facían un pé para unha mesa de analfabetos.

  • 14. Fariña  |  febrero 14, 2007 a las 11:43 am

    Ramó, anda que, «pior aí anda» debe ser como fala Toro Sentado

  • 15. lagaitaenlacabeza  |  febrero 14, 2007 a las 11:44 am

    La diferencia es que una se jacta de catedrático y el otro no. Además catedrático Ramón, lo de «pior» ¿es una palabra inventada o es que tú sientas cátedra? porque en el diccionario de la RAG no aparece. Si cuadra te sientas con el catedrático y os echais un tute

  • 16. Eu  |  febrero 14, 2007 a las 5:26 pm

    Joeeeeer

  • 17. E Osorio  |  febrero 14, 2007 a las 11:17 pm

    Heu creo que hesto de que hestea mal escribido hé hun povlema do vloj de Vlas porke ho cartel non hesta tan mal feito como hel di, ho que lle pasa a Vlas he que ten henbexa da popraganda tan chula que hestou a faguer. Asdo.: O catedratico, xornalista e non sei canta cousas mais

  • 18. Javier Castiñeiras de Trazo  |  febrero 15, 2007 a las 6:47 pm

    OS ANGRADIENTES CA NON DEBE CONTER UN CARTEL POBLICITARIO
    Estiven flando no día de onte cos meu compañeiros Blas e Carnota e xuntos chegamos á conclusión de que este «atentado publicitario» conten tódolos «angradientes ca non debe conter un cartel poblicitario» como pode ser: faltas de ortografía, demasiado contido textual,etc. Todo o que as directrices de marketing aconsellan as pasou o candidato do PP de Boiro (supoño que é do PP; no panfleto publicitario non o indica) polo forro.
    Creo que por moito Blanco Vila que sexa e que por moi catedrático que sexa, estallo a poñer moi claro ós veciños e veciñas de Boiro. E van a elexir entre un goberno progresista e próximo á cidadanía ou un catedrático xormalista e honrado Coidado¡¡¡¡¡

  • 19. david-santos  |  febrero 15, 2007 a las 8:45 pm

    Olá!
    Me desculpem, pero yo não conocia blogs galegos, poe eso la mi curiosidade.
    Me voy muy contenta.
    Gracias

    Blog SÓ VERDADES Portugal

  • 20. O paracaidista « Blas García  |  marzo 3, 2007 a las 6:51 pm

    […] son un síntoma da opinións que teñen dentro do propio Partido Popular do catedrático e “xormalista” Blanco Vila, o cal ten un brillante e extenso curriculum profesional, pero o político está […]

  • […] como xa saberedes a maioría, ou polo menos os de Boiro, Luis Blanco Vila, o xormalislista e catedrático, xa non é o candidato do PP de Boiro á alcaldía. Parece ser que tomou esta […]

  • […] como xa saberedes a maioría, ou polo menos os de Boiro, Luis Blanco Vila, o “xormalista” e catedrático, xa non é o candidato do PP de Boiro á alcaldía. Parece ser que tomou esta […]

Deja un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2007
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.